O fenómeno da compra e venda de produtos falsificados é un problema global cuxo comercio internacional se estima en ata 460 mil millóns de euros, segundo o último informe publicado pola Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea (EUIPO, polas súas siglas en inglés) e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) Consultar informe completo
O fenómeno das falsificacións é un fenómeno transversal e global cuxa loita e erradicación compete tanto a entidades públicas e privadas xa que:
España ocupa un preocupante posto 10º dentro das economías mundiais onde os dereitos de Propiedade Industrial se infrinxen. Anualmente pérdense 6.766 millóns de euros en vendas ao ano debido ás falsificacións (o 10,6% das vendas anuais) e 53.467 postos de traballo nos 11 sectores analizados segundo o último estudo da EUIPO. Consultar o Informe e Infografía.
O sector máis afectado por este fenómeno é o sector das “pezas de vestir” onde se perden 3.808 millóns euros/ano, o 14.9% das vendas totais. Ségueo o sector dos medicamentos, a cosmética, os viños e bebidas espirituosas e smartphones.
Mentres que en produtos tales como bebidas, alimentos, cosméticos, fármacos ou compoñentes de automóbiles os consumidores aprecian que poden ser prexudiciais para a súa seguridade e a súa saúde, nos artigos de luxo o público en xeral non ve demasiados efectos negativos na súa falsificación, por consideralos menos necesarios (a marroquinería e téxtil son os sectores máis afectados por este problema). Non obstante, o que move o fenómeno das falsificacións en termos de perda de dereitos sociais, mafias e trata de persoas son aspectos que si impresionan á opinión pública. O impulso destas redes coa simple compra dun produto falsificado é un exercicio reflexivo que se pode fomentar, ao igual que a perda dos seus dereitos como consumidor se adquire produtos falsificados.
Antes, a maioría dos produtos falsos eran produtos de luxo como bolsos caros, pero hoxe falsifícanse produtos de todo tipo, dende xoguetes, baterías e perfumes ata medicamentos.
Algúns consellos de comprobacións ao comprar en tendas
...recorde, se é demasiado bo para ser certo, probablemente non o sexa.
Para o consumidor: produtos de baixa calidade e sen garantías, perda do dereito a reclamar, risco para a seguridade e saúde...
Para as mafias: contribución á explotación laboral, branqueo de capitais, crime organizado...
Para as empresas: perda de moito diñeiro, tempo en tribunais, competencia desleal, dano á súa imaxe...
Para o país: destrución de postos de emprego, diminución de ingresos públicos, desincentivo á investigación, desenvolvemento e innovación, dano á imaxe turística...
Para o medio: produción sen normas de protección ambientais nin protocolos de traballo que promovan a redución, reciclaxe ou reutilización.
Segundo un estudo realizado en 2014 entre a Oficina Española de Patentes e Marcas, O.A. (OEPM) e a Asociación para a Defensa da Marca (ANDEMA), case 5 millóns de persoas anualmente compran produtos falsificados en España sobre todo en mercados, rastros e "top mantas", ademais de realizar cada vez máis habitualmente as compras destes produtos por Internet. 13,2 millóns de persoas declaran coñecer algunha persoa do seu ámbito que comprou falsificacións.
No estudio determinouse que as persoas que compran falsificacións teñen o seguinte perfil:
© Oficina Española de Patentes y Marcas, 2019
Este sitio web utiliza cookies propias para ofrecer un mejor servicio. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso. Encontrará más información en nuestra Política de Cookies.
OK | Más información